As Pontes participou na asamblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A concelleira de Turismo, Comercio, Hostalaría e Consumo, Elena López, participou, como representante do Concello das Pontes na asemblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Durante o transcurso desta xuntaza, na que participaron representantes de  97 concellos e das tres deputacións socias da entidade, fíxose un balance da xestión realizada durante o período 2015-2019, focalizada en catro puntos: impulsar o incremento da base asociativa e a súa participación activa na vida orgánica da asociación, realzar o papel do Fondo Galego como entidade de prestixio e recoñecemento no sector da cooperación, garantir a transparencia na xestión e mais difundir e implementar o no eido municipal os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible, fixados pola ONU.

Asemade deuse a coñecer á nova Comisión Executiva, na que Nigrán conserva a Presidencia e na que San Sadurniño exercerá a Vicepresidencia, Cartelle a Tesourería, mentres que as vogalías son para Oleiros, Santiago, Ames, Moraña e Deputación de Lugo.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

Xorde a finais do ano 1997 como expresión institucional desa crecente sensibilidade cidadá arredor das crises humanitarias e a pobreza mundial que percorreu o Estado español e Europa durante os anos 90.

Etiquetas