O Concello vilalbés firma un convenio co Goberno e a Xunta para rehabilitar vivendas

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, acudiu a un acto de firma presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e representantes doutros dez municipios galegos, co obxectivo de formalizar os convenios do Ministerio de Fomento para a rehabilitación, renovación de vivendas e reurbanización da Área de Rexeneración e Renovación Urbana Casco Antigo e zona ampliada de Vilalba. A iniciativa da que se beneficia o Concello está enmarcada no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, para o que se destinan un total de 82,25 millóns de euros para Galicia.

No caso do Concello de Vilalba, o Ministerio de Fomento achegará a cantidade de 464.838,63 euros, representando unha porcentaxe estimada do 38,30% do custo total das actuacións. Pola súa banda, a Comunidade Autónoma aportará 45.306,81 euros, un 3,73%, e o Concello de Vilalba 232.454,40 euros, o 19,07%. Neste sentido, as persoas particulares achegarán 471.951,13 euros, o que representa o 38,90 % do custo global das actuacións.

“Agradecemos o apoio entre administracións para dar cabida á mellora do casco antigo da nosa vila”, reseñou a alcaldesa, Elba Veleiro, incidindo na importancia da colaboración para investir nos espazos urbanos de localidades como a de Vilalba. Nun período máximo de catro meses, publicaranse as bases no BOP para a solicitude por parte de particulares.

Segundo informaron os firmantes, entre o ano pasado e o actual, destinaranse 16,9 millóns para rehabilitación, renovación e aluguer de viviendas en Galicia, en 68 áreas e 37 municipios para un total de 2.373 viviendas, das que 2.245 son rehabilitadas; 32, renovadas; 3 96, para aluguer.

Neste acto protocolario pariticiparon representantes das dez áreas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, que correspondente a sete municipios. Así, en Lugo firmaron tamén Chantad, Quiroga, Sober e Viveiro.

Etiquetas