Guitiriz organiza oito rutas de sendeirismo mensuais

Este domingo, 27 de outubro, dará comezo a terceira edición de Guitiriz en Ruta, un completo programa formado por oito roteiros de sendeirismo que deseñou o Concello de Guitiriz co obxectivo de coñecer e dar a coñecer a súa contorna natural.

Desde este mes de outubro ata maio realizarase un roteiro mensual, excepto a de febreiro que se trasladará a marzo. Así, alternaranse itinerarios locais con outros fóra do municipio aptos para todas as idades.

O programa iniciarase este domingo co roteiro do Pantano de San Xoán e seguirá con: roteiro do Camiño do Miño en Outeiro de Rei, Roteiro da Auga e Roteiro do Río Requeixo, Fragas do Eume, Roteiro da Auga e Roteiro da Pedra (andaina popular), Roteiro das Fervenzas de Brañas en Toques, Cova da Serpe, Roteiro do Miradoiro da Terra Chá en Outeiro de Rei.

Para anotarse aos roteiros que se leven a cabo fóra de Guitiriz é necesario formalizar a inscrición no Concello unha semana antes e ademais proporcionarase un pequeno avituallamiento á metade do roteiro. En cambio, os que desexen participar nas opcións locais, terán que estar no lugar de saída á hora indicada no folleto informativo.

Etiquetas