O Concello de Rábade quere mellorar as dúas grandes avenidas da vila

O alcalde de Rábade mantivo unha xuntanza co Delegado Territorial da Xunta de Galícia, e con responsables da Consellería de Infraestructuras para falar sobre a necesidade de acometer a reforma da urbanización da avenida de Vilalba, arteria das principais da vila.

Esta avenida, que é de titularidade da Xunta de Galicia e que se atopa dende hai anos cos servizos nun lamentable estado, ocasionando innumerables problemas a veciños, transeúntes e comercio.

Asimesmo, prantexouse tamen a necesidade de amaño da rua Gabriela Nieto, tamén de titularidade desa Administración. A vontade tanto do Concello como da Xunta, é que unha vez rematadas as obras, a titularidade das ruas pasen a ser municipais.

Igualmente dende o Concello demandouse a mellora do enlace co desdobramento na avenida de Galicia, que suporía unha melllora na seguridade do acceso á mesma.

Etiquetas