A parroquia de Ínsua en Vilalba acolle a XI Tasca Tradicional do Liño

A parroquia de Ínsua no Concello de Vilalba acollerá esta fin de semana a XI Tasca Tradicional do Liño coa que amosará o traballo do cultivo do liño.

A xornada contará con charlas sobre o liño que tratarán sobre os traballos comunitarios rurais ou “rogas” entre os que se atopan os traballos do liño, as relacións entre a veciñanza nas tascas do liño e as fías como reunións.

Tamén haberá animación musical con música tradicional e foliadas.

Tampouco faltarán os postos de artesanía na feira con artigos textís, coiro ou madeira.

Ao longo de todo o día os presentes tamén poderán gozar con diferentes demostracións das tascas tradicionais do liño, comprar obxectos nos postos de artesanía, degustar o cacho que era a comida típica das tascas da zona, e visitar a exposición de fotografía dedicada a Insua e o liño.

 

Etiquetas