Convocados cinco xogadores de Guitiriz para a selección galega de fútbol sala de base

Catro xogadores e unha xogadora dos conxuntos infantil, cadete e xuvenil das Escolas Municipais de fútbol sala foron convados por diferentes combinados da selección galega de fútbol sala.

En categoría xuvenil os convocados son o porteiro Kevin Guizán e o pivote Diego Rodríguez, que forman parte da preselección autonómica para participar na primeira fase do campionato de España que se celebrará en Extremadura do 15 ao 19 de xaneiro.

En categoría cadete os elixidos son o porteiro Jorge Cruz e o peche Diego Carreira, que tamén se atopan preseleccionados para formar parte do equipo definitivo que participará no Campionato de España cadete que se celebra nas mesmas datas e no mesmo lugar que o xuvenil.

En categoría infantil feminina foi preseleccionada para o Campionato de España que se celebrará en Andalucía do 13 ao 18 de xaneiro a porteira Yanira Guizán, que o pasado ano xa estivo a piques de estar na convocatoria final aínda sendo de primeiro ano. Yanira é a única porteira de toda Galicia que compite na liga Galega nunha categoría superior á súa como é a cadete masculina.

Etiquetas