O Sergas mantén aberta a campaña de vacinación antigripal 2019

O Servizo Galego de Saúde, Sergas, iniciou a campaña de vacinación antigripal da tempada 2019, para a que conta con 615.000 dose e esta actuación prolongarase ata o 27 de decembro.

A Consellería de Sanidade adquiriu 615.000 dose de vacunas antigripais, 7.000 máis que o ano pasado, o que supuxo 3,4 millóns de euros de gasto, 1,2 máis que o exercicio anterior.

Esta vacinación realízase como consecuencia dunha decisión da autoridade sanitaria en materia de saúde pública, por un risco epidemiolóxico e para preservar a saúde colectiva e a das persoas con maior risco de desenvolver complicacións por esta enfermidade, polo que non require diagnóstico nin prescrición previa.

Como novidades utilizaranse 3 tipos de vacinas, a adxuvada para persoas de 65 e máis anos, a vacina tetravalente cultivada en liñas celulares para mulleres embarazadas e outras persoas de risco entre 15 e 64 anos e a tetravalente para poboación infantil entre 6 meses e 14 anos. Tamén vacinaranse a prematuros e persoas con calquera trastorno da coagulación.

Etiquetas