Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Casa das Insuas de Rábade organiza un taller de cestaría

Por 4 Novembro, 2019Sin comentarios

Dende a Casa das Insuas de Rábade propoñén da man da artesá – cesteira Idoia Cuesta, premio nacional de artesanía, un curso para elaborar un cesto para a recollida de cougomelos.

O curso será o vindeiro sábado 16 de novembro en quenda de mañá e tarde. O prezo é de 35 euros ou 30 euros para socios da AGCT, e inclúe o material necesario para a elaboración do cesto.

Máis información e inscricións no teléfono 626 420 766 ou en casadasinsuas@gmail.com.