O PSOE gaña as segundas eleccións xerais do ano pero perde escanos

O PSOE gañou as eleccións xerais deste 10-N pero perdeu forza, este é o claro resultado acadado nestes segundos comicios en menos dun ano.

Así, as mesas electorais abriron con normalidade ás 9 horas, nas que un total de 2,7 millóns de persoas puideron elixir en Galicia ás 23 persoas que representarán á Comunidade no Congreso e ás 16 que o farán no Senado, pertencentes a cada unha das catro provincias.

Neste comicios o PSOE gaña as eleccións xerais en España novamente aínda que baixa en escanos respecto ás eleccións do pasado 28 de abril, mentres o Partido Popular sobe con forza e Vox convértese na terceira forza do Congreso trala clara baixada de Cidadáns.

Con todos os votos escrutados, os socialistas obteñen 120, fronte aos 123 de abril; o PP logra 87 fronte aos 66; Vox 52 escanos, fronte aos 24 que tiña; Unidas Podemos obtén 26 asentos e tiña 33, e Cidadáns cae ata 10 deputados, dos 57 que acadou nos pasados comicios. Por primeira vez entran no Congreso o BNG, ¡Teruel Existe! e Més Compromís cun deputado cada un, Máis País-Equo, Coalición Canaria-Nueva Canaria e a CUP con 2 escanos cada un.

Houbo unha baixada da participación xeral ao igual que un aumento da abstención. En Lugo pasou todo o contrario, a participación subiu notablemente respecto ao 28-A e a abstención baixou.

Polo que respecta á provincia de Lugo, os populares volveron empatar cos socialistas en 2 deputados, pero gañaron no número de votos que foi de 67.942 fronte aos 56.892 dos socialistas, seguidos dos 16.341 de Podemos, 14.475 de Vox, 12.853 do BNG e 5.708 de Ciudadáns.

Por outra banda, nas eleccións do Senado provincial non cambiaron as cousas fronte ao 28-A xa que os catro senadores escollidos seguen a ser 3 populares e un socialista. Estes son José Manuel Barreiro, Rosa María Arza e Manuel Lorenzo Varela do PP, e Cesar Mogo Zaro do PSOE.

Etiquetas