Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba acolle un curso formativo para coidadores de persoas con demencias

Por 19 Novembro, 2019Sin comentarios

Vilalba será sede dunha nova edición da formación Xuntos nos Coidados, dirixida a coidadores de persoas con demencias neurodexenerativas coma o alzheimer. Esta formación será impartida por Afalu os días 26 e 28 de novembro no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, en horario de 17.30 a 21.00.

É unha formación organizada e avalada por Fagal Comunicación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Vilalba

Para facer a inscripción chamar ó teléfono 982210381, 607843384 ou no correo electrónico afalu@afalu.org