As Pontes quedou ás escuras na tarde de onte nunha nova protesta

As Pontes velveu quedar ás escuras este xoves cun apagamento xeral da iluminación municipal e a correspondente concentración de veciños á luz das candeas. Esta protesta celebrouse a partir das 20.00 horas na Praza do Carme, convocada polo comité de crise creado ante o anuncio de peche da térmica.

O obxectivo destas protestas é denunciar o desmantelamento industrial da comarca, no que se inclúe a inminente clausura da central pontesa.

De feito, Ferrol acollerá tamén unha manifestación o día 28 sobre esta mesma cuestión á que están invitados todos os afectados polo que tamén partirán autobuses gratuítos denmde o Concello para participar nesta xuntanza. Os interesados en sumarse á protestas p oden inscribirse no rexistro do Concello ou no teléofno 667 129 325.

O comité de crise reclama que se manteña operativo algún dos grupos da planta. A través dun comunicado, incídese en que  combustibles como lodos, restos de olivas ou achas de madeira que se mesturan con carbón “son viables desde ou puntos de vista técnico, económico e ambiental”. E engádese que así se podería ” gañar tempo para poder planificar e desenvolver ou novo futuro socioeconómico das Pontes, imposible de improvisar”.

Este comité de crise está formado por Concello, Cohempo, Seara, Asociación do Colectivo de Transportes do Carbón, UXT, CCOO e CIG. Os implicados reclaman os plans de Enel-Endesa sobre a térmica.

Etiquetas