Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade maniféstase contra a violencia de xénero o luns

Por 23 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade celebrará o luns o 25N, día contra a violencia de xénero xa que se sumou tamén á campaña En Negro contra as violencias.

Os actos darán comezo ás 12.00 horas co acto de concentración simultáneo organizado na campaña e que en Rábade terá lugar na praza 28 de maio.

Haberá actuación da escola deportiva de patinaxe, lectura do manifesto contra a violencia de xénero e remtarase cun acto de solta de globos, un por cada muller morta druante este ano.