Guitiriz aproba en pleno os seus orzamentos para 2020

O pleno do Concello de Guitiriz serviu para aprobar os orzamentos do Concello para o ano 2020. Un documento equilibrado en gastos e ingresos que ascende a 4.396.699,01 euros e que a alcaldesa, Marisol Morandeira, cualificou como “eminentemente social”. Este punto aprobouse cos votos a favor do PSOE e do PP e a abstención do BNG.

Ademais, a sesión plenaria serviu tamén para aprobar por unanimidade unha modificación de crédito que permitirá sacar a licitación un proxecto de mellora de diferentes camiños na parroquia de O Buriz valorado en 45.155,60 euros. Este proxecto inclúe a mellora do firme nos camiños de acceso a Corbite de Abaixo, Corbite de Arriba e O Penediño.

Tamén se aprobou por unanimidade a aprobación inicial da modificación sexta da RPT, consistente na creación de varias prazas coa posterior convocatoria dos procesos selectivos. O obxectivo é regularizar a situación na que se atopan moitos traballadores do Concello.

Mocións

O BNG presentou unha moción para a mellora das augas das traídas de Parga e Guitiriz que foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e PP e a favor do BNG. Tamén foi rexeitada co voto en contra do PSOE, a abstención do PP e o voto a favor do BNG a moción do Bloque Nacionalista Galego para mellorar o servizo de recollida de residuos e eliminar os puntos de provisión de plásticos.

Por último, o PP presentou unha moción sobre a problemática da auga que foi rexeitada co voto en contra do PSOE, a abstención do BNG e o voto a favor do PP.

Etiquetas