Skip to main content
Actualidade

O mago Edgar chega ás Pontes

Por 20 Decembro, 2019Sin comentarios

O venres, 3 de xaneiro de 2020 ás 18.00 horas o Concello das Pontes acollerá o espectáculo Deja Vu do mago Edgar.

Esta espectáculo será no auditorio Municipal Cine Alovi e a venta das entradas farase en taquilla os venres de 12 a 14 horas.

Déjà Vu, é un espectáculo de gran formato e estética gótica onde domina a elegancia envolta dunha inspirada posta en escena. Un espectáculo de teatro onde se funden a maxia e a ilusión.

Edgard, un mago vindo de non se sabe onde, introducirá aos asistentes nunha aventura que sorprende polo seu impacto máxico e plástico. A súa aventura é acompañada por dúas especies descoñecidas que lle fan lado a cada situación na que se atopa, á beira do seu percorrido.