Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP vilalbés reclama urxencia na tramitación do Servizo de Axuda no Fogar

Por 20 Decembro, 2019Sin comentarios

O Partido Popular de Vilalba alertou sobre a situación na que se atopa o proceso de licitación do SAF. O prego de condicións aprobouse na comisión de Goberno e saíu a licitación pero tiveron que anular o proceso pola falta duns documentos segundo reclamou CC.OO. Trala anulación do proceso iniciarase outro pero o prazo de finalización do contrato actual remata o 31 de xaneiro “e vemos que urxe facer todo rápido para que non se queden sen servizo todos os usarios”, recalca o voceiro do grupo, Agustín Baamonde.

O PP pide tamén que se revisen as continúas da licitación para, por unha parte cubrir ben o servizo e que non quede deserto ou non volva pasar o da anterior adxudicación e, pola outra, para que non se pague de máis con cargo aos orzamentos municipais.

“Hai que ir a unha licitación axustada. Hai qu ebuscar a posibilidade de elevar o prezo pero sen dispendios”, insiste.

O valor da adxudicación do SAF de Vilalba é de 15,2 millóns de euros. É un dos máis grandes da zona, xa que conta actualmente con cen traballadores e un gasto anual para o Concello de dous millóns de euros.