Skip to main content
ActualidadeMeira

O PSOE de Meira aprobou o orzamento para o 2020

Por 20 Decembro, 2019Decembro 30th, 2019Sin comentarios

O PSOE de Meira aprobou o orzamento para o 2020 que ascende a 1,9 millóns de euros. Segundo o alcalde en funcións Agustín Méndez, “este ano vai máis axustado co anterior”.

Este orzamento inclúe 209.000 euros para investimentos en obras como a traída á Corota con 140.000 euros; as melloras de camiños en Grañanova, por un importe de 38.000 euros, e 28.000 euros que sumará o Concello ao Convenio coa Confederación Hidrográfica e a Deputación de Lugo para a mellora do saneamento e a depuración de Meira, que ascende a un total 570.000 euros.

Na parte social vanse destinar 80.000 euros para aumentar as horas do SAF, que sairán a concurso e no Pleno aprobouse o expediente inicial. O gasto en persoal mantense, concretamente en 496.000 euros. No Pleno tamén se aprobou a adhesión ao convenio para incluír a biblioteca de Meira no sistema Koha.

Como di o alcalde en función “estas son obras importantes ao igual que a da residencia de maiores ou a promoción da antiga Vía Rexia do Norte”, e así a todo, este orzamento non foi aceptado polos outros grupos políticos da oposición.