Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes respalda o traballo de protección civil

Por 23 Decembro, 2019Sin comentarios

O pleno do Concello das Pontes aprobou, durante unha sesión extraordinaria urxente, e por unanimidade, a concesión de dúas subvencións nominativas, unha para a agrupación Protección Civil e outra para a Asociación de naturais de As Pontes na Habana, coa que se renova tamén o convenio anual.

A agrupación local de Protección Civil percibirá 12.000 euros, unha achega a través da que o goberno local quere apoiar o traballo que desempeña a asociación de servizo público. Esta subvención irá destinada a cubrir gastos de vestiario, material, dietas e manutención das persoas voluntarias nas súas actuacións en diferentes eventos, citas e emerxencias.

Por outra banda, Sociedade “Hijos el Ayuntamiento de A Golada y as Pontes” recibirá 2.105 euros destinados a sufragar os gastos derivados das actividades culturais e sociais desenvolvidas por este colectivo e das que son beneficiarios e beneficiarias os herdeiros e herdeiras dos ponteses e pontesas que emigraron a Cuba.