Skip to main content
ActualidadeCospeito

A anpa A Granda organiza unha cabalgata de Raíñas en Muimenta

Por 3 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Anpa A Granda de Muimenta celebrará o domingo 5 de xaneiro, a partir das 18.00 horas unha cabalgata de raíñas, coa que se pretende amosar que “foron elas as primeiras en chegar ao nacemento”. Sen dúbida reivindicarán o papel da muller a través de Ve (alegría), Ali (veciña) e Come (avituallamento) “porque non só chegaron as primeiras tamén se foron as últimas”.

Dentro desta festa destaca a actuación das panderetieras de A Granda, unha demostración de zumbra, o show do Mago Charly así como a visita das súas maxestades.

A festa será na casa da cultura aínda que antes de chegar as raíñas farán un percorrido polo pobo.

O prazo forte da festa será o sorte dunha táblet.