Skip to main content
ActualidadeVilalba

Alejandra Rouco gaña o concurso do comercio local de Vilalba

Por 7 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Alejandra Rouco Pérez foi a gañadora do concurso Merca, Bule e Gaña! posto en marcha este Nadal dentro da campaña de promoción do comercio local.

Esta veciña foi agraciada con 1.500 euros en compras gratuítas durante dúas horas no comercio local de Vilalba, estando unicamente obrigada a gastalos nun mínimo de seis establecementos participantes e non podendo superar os 250 euros por comercio.

Coincidindo coa chegada dos Reis á carpa, a alcaldesa, Elba Veleiro, e o concelleiro de Comercio e Turismo, Modesto Renda, foron os encargados de levar a cabo o sorteo, acompañados do presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga.

A man inocente dun dos paxes reais, ditaminou que Alejandra Rouco Pérez fora finalmente a agraciada.

O momento preestablecido para que Alejandra poida desfrutar do seu premio será na mañá deste próximo sábado día 11 de xaneiro e, durante as compras, estará permanentemente acompañada dunha representación do Concello e Asociación encargada de velar polo estrito cumprimento dos tempos e o respecto polas normas.