Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP asegura que o goberno local “parece que quere desbaratar o FIV”

Por 31 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Partido Popular presentou dúas mocións no Pleno que se celebrou o último xoves de xaneiro. A primeira delas ten que ver o FIV, Festival que se vén celebrando na capital chairega dende 2008 e do que a data de hoxe aínda non se coñecen nin os grupos nin se puxeron a venda as entradas e abonos.

Tal e como explican no partido, “a tres meses de festival só coñecemos a data de celebración do FIV polo que instamos ao goberno local a que se poña a traballar na organización do festival 2020 e non deixe  escapar esta oportunidade de dar a coñecer a nosa vila, que acapara tantos éxitos nos últimos 12 anos”.

Na moción, que defendeu o voceiro popular Agustín Baamonde, explicaron o proceso ascendente deste festival, que supón para Vilalba convertirse nun destino cultural a última fin de semana de abril tanto polo propio festival como polas actividades paralelas que se celebran.

De feito, como lembra o PP as últimas tres edicións o FIV estiveron nominadas aos Iberian Festival Awards, competindo con festivais de todo o territorio español e portugués.

“O goberno local non quixo avanzar o estado no que está tramitación do FIV aínda que asegurou que se celebrará o 24 e 25 de abril pero non avanzou nin os grupos nin cando comezará a venda de entradas, tal parece que a súa intención é facelo desaparecer”, asegura Baamonde.

CARPAS E AXUDAS AS FESTAS

Por outra banda, presentou unha segunda moción relativa aos atrasos no abono das axudas concedidas ás parroquias para as súas festas patronais. Considera o PP que non se deben retrasar estos pagos máis polo que instou a axilizar os mesmos “co fin de aliviar o agravio motivado polo anticipo que tiveron que dar os veciños para cubrir este retraso”.

Sobre este particular, o Concello asegurou que si houbo un retraso pero que xa están todas abonadas e se queda alguna se fará nestes días. Baamonde aclarou que “temos que presentar unha moción para axilicen un pago que tiña que estar feito desde o primeiro momento”.

Ademais, neste orde de cousas pediu ao equipo de goberno que aclare “de maneira definitiva a posición de renuncia voluntaria para o abono das axudas para a contratación das carpas, de ser afirmativa a renuncia instamos ao actual equipo de goberno a reconsiderar a súa posición e manter o pago das axudas”.

“Desde o grupo municipal do Partido Popular lamentamos que se desmantelase este sistema voluntario de axudas (contratación de carpas), que non supón ningún esforzo a maiores para as arcas municipais, pois nos orzamentos do ano pasado, que se deixaron aprobados polo Partido Popular, contemplaban as partidas correspondentes para o pago, e doutra banda resulta inexplicable que finalizado o ano aínda se
acumulen atrasos nos pagos, pagos que curiosamente se axilizaron desde a denuncia pública do grupo municipal do Partido Popular”, explican.

O equipo de Goberno contestou que coa nova lei de contratos, o sistema que se utilizaba non era correcto e tiñan que cambialo ao que o voceiro popular asegurou que “si hai que cambialo porque non vale pois perfecto, pero non deixar este problema sen resolver porque estas axudas “son un xesto importante de cara ao rural”. Para Baamonde non houbo unha resposta clara.

CAPÓN

Unha moción para incentivar a feira do campón foi rexeitada polo equipo de Goberno tras unha disputa sobre o resultado da última celebración comparada coas anteriores.

Baamonde defendeu que a cría de capón está esmorecendo en Vilalba lastrada pola estacionalidade e por falta de relevo xeracional, entre outros impedimentos para o seu desenvolvemento como as obrigas de usar matadoiros oficiais e o envasado.

Para os populares é importante que os produtores podan vivir desto polo que propoñía a creación dunha comisión de estudio, con todos os sectores implicados, como criadores, veterinarios, técnicos da Administración para que todos aporten algunha axuda. O obxetivo desa plataforma sería buscar unha solución para dar unha saída ao capón.

PLUSVALÍA

O Partido Popular volveu recuperar a moción presentada en setembro para a redución da plusvalía e un 50% e que retirara nalquel momento porque o equipo de goberno comprometérase a estudialo antes de tomar unha decisión.

Debido ao retraso nunha comunicación sobre o mesmo, o PP volveu poñer sobre a mesa a mesma moción. A alcaldesa, Elba Veleiro, recoñeceu que no tiveran tempo de mirar esta cuestión pero que o farán de inmediato para poder traer ao próximo pleno unha proposta.

“Recoñecemos que a plusvalía é unha fonte de ingresos importante para o Concello e entendemos que igual o 50% non se pode rebaixar pero polo menos facer algo”, recalca Baamonde.

PXOM

No apartado de preguntas, o PP preguntará cando ten previsto o equipo de Goberno convocar a comisión de urbanismo para o desenvolvemento do PXOM. Baamonde calificou o Plan xeral como “unha das urxencias máis importantes de Vilalba”. Asegurou que “deixamos contratado o inicio o proceso antes de marchar e aínda non se fixo nada”.

A alcadesa pola súa banda asegurou que teñen previsto contratar a comisión de seguemento en breve.

También sacaron a colación a situación na que se atopa a elaboración da RPT e a plantilla da Policía Local, que nos dous casos urxen para poder iniciar os procesos selectivos para a ampliación dos mesmos. O ex alcalde manifestou que eles tiveron catro auxiliares para cubrir provisoriamente as prazas e non deixar desatendido o servizo.

O Concello sobre este particular respondeu que están ao tanto.

Finalizaron tamén preguntando polo boletín que empezou a publicar agora o Concello, a través da empresa Ártabra. “Está ben comuncarlle as novas aos veciños pero si se fai cos cartos de todos hai que dar cabida á oposición, senón parece un mero folleto propagandístico pagado cos cartos de todos”.

SAF

Por procedemento de urxencia, aprobouse a contratación do SAF, que remata hoxe venres 31 o contrato. A licitación se fixo por segunda vez xa que a primeira foi anulada por unha queixa sindical. Nesta segunda licitación só se presentou unha empresa de Elche, que non poderán facerse cargo do servizo ata finais de mes.

“O goberno informou de que a empresa existente prorrogará o seu servizo para facer unha transición tranquila e non deixar desatendidos aos usuarios pero a dúbida é como vai acabar isto porque non sabemos se a  prórroga a fai coas condicións que tiña e que tantos problemas deron ou coas novas”, puntuliza.