Skip to main content
Actualidade

A CHMS informará nunha charla sobre zonas en risco de inundación

Por 17 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil realizará unha xornada técnica divulgativa dos traballos de delimitación das zonas inundables e dos mapas de pareigo e risco de inundación na demarcación.

Nesta sesión explicaranse os aspectos xerais do 2º ciclo, realizándose xa a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación e a elaboración dos Mapas de Perigo e Risco das áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI), que se atopan en fase de consulta pública.

A este encontro están convidados todos os alcaldes e alcaldesas da conca hidrográfica en Lugo.

A apertura do acto estará presidida pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e polo comisario adxunto da CHMS, Alberto de Anta.

A sesión terá lugar dende as 10.15 horas ata as 13.45 na casa da cultura local.