No campo da Veiga de Riotorto, xogouse unha nova xornada da Liga de Billarda con moi bos resultados para os equipos chairegos.
Na clasificación xeral absoluta e na de equipos houbo cambio de líder.
Así, na xeral en ese primeiro posto colocouse Charli de Carabullo que ademais gañou comodamente o aberto seguido por Markytos de Ribadeo e Seixas de Castroverde, empatados no segundo posto.
Aventaxa agora en seis puntos a Xose Regueiro, da Pontenova.
Tamén por equipos os da Ponte de Outeiro auparonse ao primeiro lugar da xeral, grazas a victoria en Riotorto aventaxando a Billardeiros Musicais de Ribadeo e Chainzos-Cadaval de Pastoriza-Castro de Rei.
Ademais dos trofeos artesáns para os primeiros postos tamén houbo agasallos para todos os infantís que xogaron feitos por artistas locais e despois petiscos para todos, doados polo concello de Riotorto.
A seguinte xornada disputarase en Mondoñedo o 7 de marzo, onde os equipos chairegos tentarán manter a boa xeira de resultados.