Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Unha campaña de internet recolle firma para paralizar as obras da estrada Friol-Palas

Por 18 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) iniciou unha campaña de recollida de firmas na plataforma Change.org, coa que pretende conseguir os apoios necesarios para paralizar as polémicas obras de ampliación da estrada LU-231, que une Friol con Palas de Rei.

Segundo este colectivo, a ampliación lateral da estrada Friol-Palas é innecesaria, “porque a estrada non tén tráfico. Basta con asfaltala correctamente, e aforraremos o 90% dos seis millóns de euros previstos, que podemos investir no Patrimonio Galego”, explican.

Afirman que as obras, a piques de comezar, “arrasarían centos de árbores autóctonas, en plena Reserva da Biosfera, pero tamén está previsto derrubar quilómetros de muros de pedra”.

“Se queremos fortalecer o orgullo galego, fixar poboación no rural e atraer visitantes á nosa terra, debemos preservar o Patrimonio Cultural e Natural, non arrasalo”, conclúen.