Skip to main content
ActualidadeBegonte

O colexio Virxe do Corpiño súmase a un proxecto de reciclaxe e remodela a aula de infantil

Por 19 Febreiro, 2020Marzo 7th, 2020Sin comentarios

A Anpa As Faias e o CEIP Virxe do Corpiño de Begonte puxeron no centro en marcha o proxecto Educa en Eco, grazas ao contrato firmado pola Anpa coa empresa Coregal, coa colaboración de Ecoembes e Reciclaxe Contemar.

Trátase dun proxecto que aposta pola educación como motor para coidar o medioambiente, potenciando a redución de residuos, a reutilización e a reciclaxe na escola. O centro foi dotado con colectores azuis e amarelos e un colector para a recollida solidaria de tapóns que se colocarán nas aulas e nos distintos espazos do centro.

Ademais, os nenos recibiron a formación complementaria por parte de Carmen, da empresa Contemar.

OBRAS

Por outra banda, os rapaces contan dende hai uns dúas no patio do colexio con dúas mesas de picnic de madeira que para o uso dos nenos. Estas mesas foron elaboradas e instaladas pola empresa Xardinor SL,  como doazón para o centro.

Así mesmo, o colexio acometará a obra de renovación da aula infantil, obra que ronda os 14.000 euros de orzamento que subvenciona a Xunta con man de obra que aporta o Concello. As obras contenplan a creación dun acceso directo que comunicará a clase cos baños para reducir o tempo que o profesor ten que ausentarse para acompañar os nenos ao baño.

Ademais, acondicionar un extremo do local onde se colocará un novo estante con distintos módulos adaptados á altura dos nenos, renovarase o pavimento con tarima de madeira doada  por Finsa e actualizaranse os xoguetes.