Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE de Abadín reclama varias melloras ao Concello

Por 19 Febreiro, 2020Sin comentarios


Os socialistas de Abadín denuncian que no lugar de Portorrio, en Espiñarcao, parroquia de Romariz, o estado da fosa séptica municipal está a causar unha situación de contaminación importante da zona.

O PSOE municipal lembra “a sanción económica de 1.200 euros que lle impón a Confederación Hidrográfica Miño Sil ao noso concello por vertidos ao río e ademáis da chamada de atención de Medio Ambiente facemos referencia na nosa denuncia veciñal”, din.

O mesmo grupo político asegura, entre outras necesidades, falta a baranda da ponte e céntranse nas queixas dos veciños polas goteiras no pavillón de deportes municipal. Os socialistas reclaman que se reparen “de forma inmediata”.

Así mesmo, insisten en que deficiencia da cobertura móbil no concello, en especial nas parroquias de Corvite, parte de Moncelos, Labrada, Espiñarcao, Montouto, Gontán ou Quende. Como din “cunha chamada pódese salvar unha vida pero para vostede é máis importante invertir 50.000 euros en tapar a pista de padel, faga ben o seu traballo e non perda máis subvencións e axudas que supoñen mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, insisten.