Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade quere recuperar unha festa de principios do século XX

Por 20 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Rábade vén de convocar a todos os colectivos e persoas interesadas en recuperar unha festa de recreacion histórica para o mes de maio.

A reunión á que están convocados os veciños terá lugar este venres 21 de febreiro ás 20:00 ao salón de plenos do Concello, para falar dos pormenores do evento.

O obcxetivo do concello é dar a coñecer á poboación as orixes e evolución da vila e da comarca da Terra Chá e rendir homenaxe aos rabadenses que contribuiron a facer o pobo de hoxe.

Para isto queren celebrar o vindeiro 30 de maio un evento baseado nos festexos celebrados nesta vila no ano 1925 (concretamente o domingo 12 de xullo), con motivo da creación de Rábade como Concello. “O éxito deste proxecto pasa necesariamente pola colaboración e implicación de todolos colectivos e interesados a nivel individual que formamos a vila de Rábade”, explican