Skip to main content
AbadínActualidade

Teatro e contacontos en Abadín con motivo do Día da Muller

Por 24 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Abadín, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, organiza a representación teatral La Pimentera, que terá lugar o día 5 de marzo de 2020, ás 11.30 horas, no salón de actos municipal.

Con esta obra preténdese, dende a comedia, poñer en relevancia un problema aberto nas zonas rurais nas que se invisibiliza o traballo das mulleres dos pobos, que sendo inmenso, ten un recoñecemento mínimo.

Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, dá a oportunidade ás persoas espectadoras de participar na escena e invita ao debate e á reflexión sobre os distintos puntos de vista da perspectiva de xénero.

A asistencia será gratuíta.

OBRADOIRO

O Concello de Abadín organiza tamén o espectáculo Contos vellos, novos finais, cunha sesión de contos en igualdade e de tolerancia, que terá lugar o día 4 de marzo de 2020, ás 11:30 h. no Salón de Actos Municipal.

Este espectáculo, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, co obxecto de romper cos estereotipos de xénero e afondar en aspectos como a igualdade no ámbito laboral ou a corresponsabilidade.