Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organiza un curso de monitor de tempo libre

Por 26 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza un curso de monitor de tempo libre para formar a maiores de idade coa titulación oficial homologada e que poidan traballar en actividades de tempo libre tales como ludotecas, campamentos ou comedores escolares, entre outras cousas.

O curso consta de 200 horas teóricas e desenvolverase durante 20 días, con sesións de 10 horas diarias. As datas nas que se levará a cabo son o 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 18, 18, 25 e 26 de abril; e tamén o 1, 2, 3, 9, 10, 16 e 17 de maio. As clases terán lugar na Casa Habanera e na Aula Cemit de 10 a 20 horas e, despois da parte teórica, haberá 150 horas de prácticas no Concello de Guitiriz e en empresas colaboradoras.

No curso, os alumnos e alumnas tratarán contidos de áreas como Psicosocioloxía, animación, educación ambiental e natureza, educación para a saúde e organización e recursos.

Está dirixido a maiores de idade e para que se leve a cabo o curso necesitarase un mínimo de 16 persoas inscritas, habendo un límite de 25 alumnos e alumnas. O prazo para anotarse estará aberto desde o mércores, 26 de febreiro, ata o venres 20 de marzo e admitiranse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Guitiriz.

O prezo desta formación é de 170 euros para empadroados en Guitiriz xa que o Concello subvenciona a cantidade de 50 euros máis o importe do seguro. Para non empadroados o prezo ascende a 230 euros.

Para máis información, no teléfono 982370109 e nos seguintes correos: deportes@concellodeguitiriz.com e mpaz@concellodeguitiriz.com. As inscricións terán que formalizarse no Concello de Guitiriz de 8:30 a 14:30 horas.