Skip to main content
Actualidade

Novo éxito de público e vendas na Feira do Grelo das Pontes

Por 26 Febreiro, 2020Sin comentarios

Un ano máis, As Pontes acolleu a súa Feira do Grelo, unha das citas gastronómicas máis enraizadas que chegaba nesta ocasión ao súa XL edición. O eixe principal da celebración foi o concurso de cestas, no que particiaron un total de 28, presentadas por produtores de catro municipios: Monfero (Val Xestoso), Mañón (Grañas do Sor), Vilalba, Narón e As Pontes.

O Concello concedeu máis de 1.500 euros en premios entre os que Belén Ansede Freire o de cesta máis adornada con 300 euros. Lino Sanda, de Xestoso, foi o gañador da mellor cesta de grelos con 400 euros; Divina Jove, de Monfero, recibiu o segundo, dotado con 250 euros; Digna María Otero, o terceiro, con 200; mentras que os cinco accésits foron para Cynthia Arias, das Pontes; Lucía Souto Pico, de Monfero; Divina Seoane, de Vilalba; María Fina Parga, de Xestoso, e Víctor Couto, tamén de Xestoso.

A feira, situada no patio do colexio Santa María, estivo moi animada, con moito público e compradores. De feito, esgotáronse os 400 tiquets par os menús que se serviron con racións de grelos, costilla, lacón, chourizo, garavanzos e patacas, con requesón da Faeira e mel de Goente de postre, a un coste 10 eurosa.

O programa tamén contou cunha demostración dos cocineros Adrián Fuentes, Bruno Pena e Álvaro Victoriano Aguado, que elaboraron distintos platos, tomando como base el grelo.