Skip to main content
ActualidadeVilalba

Volve a Vilalba o programa de actividades O Rural Máis Vivo

Por 28 Febreiro, 2020Sin comentarios

Tralo éxito acadado en edicións anteriores, o programa O Rural Máis Vivo volve a convocarse co obxectivo de dinamizar  as parroquias organizando actividades, todas elas de carácter gratuíto e abertas ao público en xeral.

Nesta terceira edición, o programa ofrecerá unha decena de obradoiros entre os que se poderá escoller para levar as distintas parroquias.

Este programa foi elaborado polo Concello de Vilalba e Cruz Vermella, que se encarga de impartilos, e contou coa colaboración das asociacións de veciños das parroquias vilalbesas.

Para Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, “é unha prioridade que se mateñan este tipo de iniciativas”.

Os obradoiros seguirán na liña de edicións anteriores e tratarán temas de interese para a poboación como saúde, alimentación ou primeiros auxilios, divididos en tres bloques temáticos vinculados por unha parte ás persoas maiores, por outra ás mulleres e outro para veciños en xeral.

Así tratase sobre laborterapia, nutrición, estimulación cognitiva, medicación, saúde, benestar emocional, actividades físicas, primeios auxilios e formación de persoas coidadoras.

O seguinte paso neste programa será a realización de reunións entre Cruz Vermella e as diferentes parroquias para establecer horarios e escoller as actividades a realizar, que darán comezo xa no mes de marzo e continuarán ata final de ano.

Os cursos ofrécense nas 28 parroquias que conforman a termo municipal de Vilalba e o único requisito para poder realizalas será reunir un número mínimo de asistentes.