Cultura

XXIII Rabafolc

- Praza de España (Rábaade) - Ven, 11/08/2017 - 22:00 - Cultura

Rábade acolle o vindeiro venres 11 de agosto o XXIII RABAFOLC coa mellor música tradicional e cun obradoiro de baile cos Cempés a partir das cinco da tarde no centro social de Rábade.

Os concertos terá lugar na praza de España a partir das dez da noite con Os Cempés, Pepe Vaamonde, Anxo Lorenzo e Dubhlinn.

Exposición de Fotografía Dennise Vaccarello “Coma”

- Biblioteca Municipal (Xermade) - Lun, 14/08/2017 (Todo o día) - Cultura

A exposición de Fotografía de Dennise Vaccarello  “Coma” permanecerá na Biblioteca Pública Municipal de Xermade do 4 ao 14 de agosto de 2017.

I Cantos de Taberna

- O Viveiró - Muras - Sáb, 12/08/2017 - 18:00 - Cultura

“Os Feroces da Galgeira” e “Entre Lusco e Fusco” participan na primeira edición dos Canto de Taberna en Muras o sábado 12 de agosto. A cita será dobre: en Casa Victor e Casa Cándida no Viveiró entre as seis e as oito da tarde, e despois en Muras, no Bar A Volta e no Café-Bar Santi entre as oito e media da tarde e as once da noite.

"O agasallo de Anya": marionetas

- Centro Cultural (Castro Ribeiras de Lea) - Mér, 23/08/2017 - 20:00 - Cultura

Marionetas Trécola representa a obra “O agasallo de Anya” o mércores 23 de agosto no Centro Cultural de Castro Ribeiras de Lea a partir das oito do serán. Entrada de balde.

"Sons de Gallaecia": concerto da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia

- Auditorio Municipal Carmen Estévez (Vilalba) - Sáb, 05/08/2017 - 20:00 - Cultura

Concerto da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia dentro da xira "Sons de Gallaecia" onde os compositores lucenses serán os protagonistas: Pascual Veiga, Xoán Montes, Lodeiro Piñeiroa...

Así como por vez primeira cunha banda poderase escoitar a Banda Sonora da Muralla de Lugo (con instrumentos como o aulos, cornu, Karnyx) xunto con obras de temática romana como "Monte Medulio".

Distribuir contido