Sociedade

/ Enviado por redactor o Dom, 13/08/2017 - 17:21
A xuntanza terá lugar no Restaurante Río Lea de Castro Ribeiras de Lea o vindeiro venres 1 de setembro, ás dez da noite.
Criado, Teijeiro, Cabarcos e López durante a presentación da III Carreira Andaina Nocturna San Ramón 2017.
/ Enviado por redactor o Xov, 10/08/2017 - 23:54

A cita organizada polo Club de Atletismo de Vilalba adianta media hora o horario de inicio das dúas primeiras edicións, introduce categorías locais, trofeos elaborados no Centro Ocupacional de Vilalba e un peche con cans en adopción e repite churrascada final con animación musical.

II Torneo Campo de Fútbol A Veiga

- Campo de Fútbol "A Veiga" (Muras) - Dom, 13/08/2017 - 19:00 - Sociedade

A entrada é libre. Só é necesario inscribirse no Concello de Muras (982 50 00 01) que pon os petos e os balóns.

XXVI Festa da Malla

- Meira - Dom, 20/08/2017 (Todo o día) - Sociedade

Amigos da Malla de Meira reproducen, no centro da localidade, o labor tradicional da malla do trigo. 

Ademais do atractivo que supón ver hoxe en día unha malla tradicional, a festa ofrece a veciños e visitantes outros alicientes, de feito, como novidade, servirase o tradicional cocido galego que se ofrecía aos traballadores e traballadoras da malla, nesta ocasión, en prato de barro.

/ Enviado por redactor o Mér, 02/08/2017 - 12:30

O XXXVIII Festival de Pardiñas celebrarase entre o sábado 5 e o domingo 6 de agosto co V Certame de Cantos de Taberna como preludio o venres 4.

Distribuir contido