A Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá (GDR-2) renova a súa Xunta Directiva

A xunta directiva está integrada por 21 membros: 10 representantes do sector público e 11 do privado.

/ Enviado por redactor o Mar, 14/03/2017 - 18:55

Co inicio da medida Leader 2014 -2020 a Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá renova a súa Xunta Directiva o 14 de marzo 2017. 

Fe Legaspi Valiña, representante da entidade Club Campo Cruceiro; é a nova presidenta da xunta directiva que na que José Ulla Rocha, alcalde de Begonte, actúa como vicepresidente; Jaime González Penelas, do Tecor Terra Chá, secretario; José Antonio López Sierra representante da Fundación Blas de Carboeiro, tesourireo; e Clemente Iglesias González, alcalde de Riotorto; como vogal da Comisión Permanente. 

Estes son os cargos representativos da asociación; aínda que a nova xunta directiva está composta de 21 membros (10 representantes do sector público  e 11 representantes do sector privado). O sector público está representado polos 10 concellos do territorio (Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Riotorto, Vilalba e Xermade) e o sector privado está representado por 11 entidades privadas (asociacións culturais, deportivas, SATs,…).