Ata 18 empresas presentan ofertas para as obras de reforzo de firme na estrada LU-540 en Xermade, Muras e Ourol

Os traballos consistirán na rehabilitación do firme nos tramos deteriorados entre os puntos quilométricos 8+100, na Volta da Redoada, en Viveiro, e o 33+320, na intersección coa estrada da Deputación a Paidavella, no municipio de Xermade. As actuacións contan cunha achega económica de máis de 775.000 euros por parte do Goberno galego.

/ Enviado por redactor o Lun, 15/05/2017 - 20:30

Un total de 18 empresas presentan as súas ofertas para a execución das obras de reforzo de firme localizado na estrada LU-540, que contarán cun orzamento de máis de 775.000 euros e beneficiarán aos concellos de lucenses de Xermade, Muras e Ourol. 

As actuacións que se terán que levar a cabo suporán a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da mestura de bituminosa en quente, nos tramos deteriorados entre os puntos quilométricos 8+100, concretamente, na Volta da Redoada, no Concello de Viveiro, e o 33+320, na intersección coa estrada da Deputación a Paidavella, no municipio de Xermade.

Con estas obras, actuarase en máis de 21,5 quilómetros e como accións complementarias á rehabilitación do firme, nas zonas que existe esgotamento da explanada, proponse a execución de gabias formigonadas, así como zanxas drenantes naqueles puntos na que a evacuación das augas cara a gabia sexa inviable.

Plan de Reforzos de Firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica. 

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.