Cabreiros honra a Santa Mariña entre o 8 e o 10 de xullo

As festas patronais da localidade desenvolveranse entre o venres 8 e o domingo 10 de xullo. Durante a verbena do sábado 9 de xullo celebraranse dous sorteos de 1.000 euros cada un.

/ Enviado por redactor o Xov, 07/07/2016 - 10:43

As festas patronais de Cabreiros deste 2016 comezarán o venres 8 de xullo cunha verbena amenizada pola orquestra Ledicia Espectáculo que rematará coa animación dunha discoteca móbil.

Xa o sábado 9 de xullo se celebrará unha misa solemne á unha do mediodía seguida de procesión e sesión vermú coa música da orquestra Poceiro que, pola noite, ofrecerá unha verbena xunto á orquestra Panamá. Entre as súas actuacións tamén se desenvolverán dous sorteos de 1.000 euros cada un ata que atopen afortunado ou afortunada.

O programa festivo repetirase o domingo 10 de xullo coa música da orquestra Acordes que pechará os festexos cunha verbena.