A Casa do Mel de Goente prepara unha visita apícola polo concello de Muras

A viaxe desenvolverase o domingo 7 de maio e conta con 10 prazas. Os interesados e interesadas poden anotarse no teléfono 605 401 315. O prezo da viaxe co xantar incluído é de 30 euros.

/ Enviado por redactor o Xov, 27/04/2017 - 15:32

A Casa do Mel de Goente-As Pontes e o Concello de Muras organizan unha “viaxe apícola” polo municipio para o vindeiro domingo 7 de maio na que se abordarán os modelos de apicultura tradicional e actual.

A viaxe comezará ás nove e media en Muras cun almorzo, despois de saír dende a Casa do Mel de Goente ás nove da mañá. Ás dez e media está prevista tamén unha parada en Casateita e unha hora máis tarde, en Vilalverde-Xerdiz. Cara á unha do mediodía a viaxe pasará por Coruxos antes do xantar, ás dúas e media, a base de aperitivos, ensalada con pescado en escabeche e mel, carrilleiras de porco en salsa de viño e cañas fritidas recheas de crema e mel e requeixo e mel.

Xa pola tarde aquelas persoas participantes achegaranse ao colmenar de Javier e Raquel en Rebordelas antes de rematar esta viaxe apícola coa visita, a partir das sete da tarde, a Augarrio e a queixería Don Gabino en San Simón da Costa (Vilalba).

As prazas son limitadas e o prezo da viaxe con comida é de 30 euros.  Os interesados e interesadas poden anotarse chamando ao 605 401 315.