Cinco vivendas de promoción pública dispoñibles en Vilalba e Muras

"O rexistro de demandantes está sempre aberto a novas solicitudes por parte das persoas interesadas".

/ Enviado por redactor o Xov, 23/03/2017 - 17:33

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, dispón neste momento de 43 vivendas de promoción pública vacantes na provincia, se ben na meirande parte dos casos están en proceso de adxudicación. Son cinco no caso da comarca chairega: tres en Vilalba e dúas en Muras.

A Xunta pretende ser áxil na adxudicación das vivendas que quedan baleiras, de forma que “tan pronto como o IGVS ten de novo unha vivenda dispoñible procede ao chamamento doutras persoas inscritas seguindo a lista previamente aprobaba tras sorteo ante notario e seguindo a orde establecida no mesmo”, segundo avanza o delegado territorial, José Manuel Balseiro.

Balseiro explicou tamén que "o rexistro de demandantes está sempre aberto a novas solicitudes por parte das persoas interesadas, sendo o que serve de base para establecer os listados".