Circulación desviada pola N-634 por mor dun accidente na A-8 en Abadín

Un camión que transportaba caixas de plástico e pescado envorcou e espallou pola vía parte da súa carga. O condutor resultou ileso, a pesar de impactar contra a mediana no punto quilométrico 549.

/ Enviado por redactor o Mar, 08/08/2017 - 20:21

Ao fío das seis da tarde deste martes 8 de agosto, o 112 Galicia recibía alerta a través do 061-Urxencias Sanitarias dun accidente de tráfico en Abadín. No sinistro estivo implicado un camión, que envorcou no punto quilométrico 549 da A-8. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o condutor resultou ileso.

Debido ao impacto, a mediana quedou desprazada e a carga que transportaba o vehículo, caixas de plástico e pescado, rematou na vía.

Dende o CIAE 112 Galicia se poñía a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico.

A circulación na autovía foi desviada á N-634.