A conselleira de Medio Rural recolle as necesidades do concello de Muras

Mario Rouco, Manuel Requeixo e Ángeles Vázquez durante a súa reunión.

Ángeles Vázquez mantiña unha reunión co alcalde de Muras e o edil de Medio Rural e Medio Ambiente.

/ Enviado por redactor o Mér, 26/04/2017 - 23:11

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o concelleiro responsable de Medio Rural e Medio Ambiente, Mario Rouco.

Ambos explicaron á conselleira as necesidades do municipio, en especial no ámbito rural.

Ángeles Vázquez, pola súa banda, mostrouse aberta á colaboración para incrementar a calidade de vida dos veciños deste concello chairego.