Creatividade nos 820 traballos presentados ao XXXVII Certame Terra Chá sobre Manuel María

O xurado do certame convocado pola Asociación Cultural Xermolos daba a coñecer o fallo este luns para que os premiados e premiadas da comarca e doutras zonas de Galicia programen a súa recollida o domingo 7 de agosto a partir das sete da tarde no Festival de Pardiñas.

/ Enviado por redactor o Lun, 20/06/2016 - 21:11

Contos, debuxos, poesía, teatro, cómic, murais, fotografías ou videocreacións. Todo ten cabida no XXXVII Certame Terra Chá dedicado, nesta ocasión, a Manuel María que recibía 820 traballos de 68 centros de ensino maioritariamente da Terra Chá, pero tamén da prolongación da Chaira na provincia de A Coruña -Teixeiro, Sobrado… ou As Pontes- ou as propostas das Rías Baixas.

Despois da análise dos traballos por parte do xurado, composto fundamentalmente por gañadores doutros anos, o fallo daba por vencedores a:

TERRA CHÁ

Debuxo:

- David Balseiro, Aitor Rábade e Martín Guizán do Ínsua Bermúdez de Vilalba na categoría infantil de debuxo.

- Sara Anido García, do segundo ciclo de infantil, tamén do Ínsua Bermúdez de Vilalba. 

- Kevin Pumares, Paula Caramatana, Sara Morandeira e Daniel Uriz, do CEIP Santo Estevo de Parga, no terceiro ciclo de infantil.

- Mateo Rouco, do Mato Vizoso de Vilalba, no primeiro ciclo de Primaria.

-Uxía Rivera, do Plurilingue Lagostelle-Guitiriz, no segundo ciclo de Primaria igual que Noa Seoane do Ínsua Bermúdez, Lucía Yáñez Seijas, do Mato Vizoso de Vilalba, Paula Roca do Plurilingue de Lagostelle, Sara Paz do Plurilingue de Lagostelle, Lucía Yáñez Yáñez do Ínsua Bermúdez de Vilalba e Abdessamad do Mato Vizoso de Vilalba.

- Eva María Alonso, do Ínsua Bermúdez de Vilalba, e Brais Lorenzo do San Estevo de Parga son os premiados do terceiro ciclo de Primaria.

- Nerea Barrio, do IES de Rábade, fíxose co premio de Secundaria.

Poesía:

- do segundo ciclo de Primaria resultaron premiados: Nerea Villar, do Mato Vizoso; Nerea Gómez, do CEIP Santo Estevo de Parga; e Miguel Lozano, do CEIP Antonio Ínsua Bermúdez.

- do terceiro ciclo: Alba García, Carlota Millor, Paula López, Gabriel Prieto e Paula Santomé, do CEIP Antonio Insua Bermúdez; Lara Castro, do CEIP Santo Estevo de Parga; e Natalia García, do CEIP Santo Estevo de Parga.

- e do Bacharelato: Fátima Fernández, do IES de Guitiriz.

Prosa:

- Teresa Lorenzo García, Lagostelle-Guitiriz, leva o premio na categoría do primeiro ciclo de Primaria

- María Caballero, do CEIP Ínsua Bermúdez; Sara Puentes Antas, tamén do Antonio Ínsua Bermúdez; Laura Fraga, do CEIP Manuel Mato Vizoso e Lucía Rodríguez, do CEIP. Plurilingüe Lagostelle son os destacados do segundo ciclo.

Vídeos-documentais:

- documental sobre a representación teatral de 4ºB do Ínsua Bermúdez, dirixida por María Guerrero e protagonizada por Víctor Alvarez Vila, Adrián Anido García, Carla Caderno García, Carla Campello Currás, Andrea González Debasa, Mario López Lamas, Carmen Maseda Goás, Jimena Novo López, Leire Pita Peña, Uxía Ramil Blanco, Santiago Ramudo Anido, Nicolás Santomé Folgueira, Darío Seixas Pérez, Noa Seoane Pernas, Hugo Teijeiro Cabarcos e Laila Yáñez Yáñez.

- “Canto ao idioma galego", do IE Díaz Castro, dirixido e producido por Sandra Tenreiro e protagonizado por Alba Bergantiños, Maria Calvo Teijido, Paula María Currás, Sergio Díaz, Andrea Díaz, Nicole González, Alba Morado, Brais Pita, Marta Rocha, Noemí Romero, Noelia Santalla, Verónica Carballeira, Diego Castro, Sara Castro, Xabier lópez Fraga, Noa Pena Bodenlle, Andrea Teijido Caínzos, Edgar Cobas Río, Laura Lobeiras, Nuria Losada, Sheila Pérez, Laura Porto, Alberto Cristóbal Suriel Soriano, Óscar Novo Martínez, Vicky Speranza de Jesús e Fernanda Cabezas.

Fotografía:

- Abel Pena, do CEIP Lagostelle-Guitiriz; e David Hermida, do Mato Vizoso; son os gañadores na categoría de Primaria.

- Noa Pena, do IES Poeta Díaz Castro, na categoría de Secundaria.

Cómic e murais:

- Erea Platas e Alexia Cendán, do Mato Vizoso, son as autoras dos cómics premiados.

- Jesús Vázquez, do CEIP Lagostelle-Guitiriz, recibirá o premio polo seu mural.

Premios especiais:

- "Achegamento ás vangardas do século XX a través da mirada de Manuel María": por alumnos de 3º da ESO do IES da Terra Chá de Castro Ribeiras de Lea: Sergio Peteira Iglesias , Miguel Ángel López Puente, Nicole Labrada Areán, Joel Folgueira Fernández, Sandra Lamas Díaz, Alba Sinde Paz, Candela Rodríguez Otero, Iria Prieto Del Río, Lucía Andión Rico e Irea Santalla Rodríguez .

- serie de debuxos inspirados no poema “Galicia” de Os soños na gaiola por alumnos de 1º de primaria do CEIP de Foz nº 1: Alejandro López Méndez, Aroa Dovale Pérez, Ismael El Akkaqui, Jana Lage Lousas, Carolina Trincado Sobanno, Esteban Gorgojo Cuba e  Ali lakrim El Khiari.

Coma o anterior, tamén hai numerosos traballos premiados de autores doutros puntos da xeografía galega. Todos e todas poderán recoller os seus premios o domingo 7 de agosto a partir das sete da tarde no marco do Festival de Pardiñas.