Cunha churrascada inician as festas patronais de Castro de Rei

Será o venres 14 de xullo no campo da festa coa música do dúo Os Adrianos; pero o sábado 15 e o domingo 16 continuará a festa con sesión vermú e verbena da man de tres grandes orquestras. O domingo tamén haberá pasarrúas co grupo de gaitas Os Trastiños.

/ Enviado por redactor o Xov, 13/07/2017 - 15:58

O verán é tempo de festas e verbenas. A pesar de que moitas parroquias xa celebraron dende a primavera as súas patronais, coa chegada do mes de xullo é a capitalidade municipal, Castro de Rei, a que celebra as súas festas.

Comezarán o venres 14 cunha churrascada gratuíta no campo da festa amenizada polo dúo Os Adrianos para continuar o sábado 15 con misa solemne á unha e media seguida de sesión vermú coa orquestra Atlanta e, pola noite, verbena coa mesma formación acompañada da Charleston Big Band.

Xa o domingo 16 de xullo haberá pasarrúas co grupo de gaitas Os Trastiños de Castelo, misa ás dúas da tarde seguida de sesión vermú coa orquestra Brujas que tamén animará a verbena.

José Luís e Abelardo traballan dende agosto do ano pasado na venda de lotería de Nadal para pasar despois a sortear produtos de Entroido e agora ultimar os detalles desta festa na honra a San Xoán.