Curso de demostración de aplicacións de drons nas explotacións agrarias co Concello da Pastoriza

A formación gratuíta, impulsada pola área de medio rural, desenvolverase nun total de 20 horas en horario de tarde dende o luns 11 e o xoves 14 de setembro.

/ Enviado por redactor o Ven, 11/08/2017 - 20:54

O Concello da Pastoriza, en colaboración con Proyestegal, organiza un curso demostración sobre o uso de drons no millo forraxeiro entre outras aplicacións en explotacións agrarias e de leite.

As actividades de demostración gratuítas desenvolveranse entre o luns 11 e o xoves 14 de setembro entre as dúas e media do mediodía e as sete e media da tarde ata completar un total de 20 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 31 de agosto ou consultar máis información no Concello a través do teléfono 982 332 197.