Dende Xermade á Charca do Alligal na primeira Pedalada Solidaria en Familia

A actividade programada polo Concello de Xermade desenvolverase o domingo 3 de xullo a partir das dez da mañá. O prazo de inscrición pecha o xoves 30 de xuño e pode realizarse a través do seguinte formulario: http://goo.gl/forms/vLueV1eqYzZUcXCO2.

/ Enviado por redactor o Mér, 22/06/2016 - 13:10

O Concello de Xermade pon en marcha a primeira Pedalada Solidaria en Familia. Trátase dunha proposta para o domingo 3 de xullo de carácter gratuíto e solidario. De feito, os participantes que colaboren coa achega de alimentos –legumes, galletas, aceita, azucre, fariña ou arroz- obterán un agasallo e participarán no sorteo dunha bicicleta.

A ruta entre a Praza do Concello e a Charca do Alligal consta de 18 quilómetros de percorrido –ida e volta- que dará saída ás dez e media da mañá  e será neutralizado e con paradas para a reagrupación dos e das participantes que percorrerán pistas da concentración parcelaria, algunha pista asfaltada e tamén algún regato.

A inscrición atópase aberta tanto a persoas adultas coma nenos e nenas; aínda que, neste caso, deberán ir acompañados dun adulto responsable que deberá xulgar a súa capacidade para realizar a marcha. Ademais, é obrigatorio para todos e todas o uso de casco protector.

O prazo de inscrición pecha o xoves 30 de xuño e pode realizarse a través do seguinte formulario: http://goo.gl/forms/vLueV1eqYzZUcXCO2.