Entre lusco e fusco celebra os seus 25 anos cunha xornada de música tradicional por Vilalba

A animación musical encherá os establecementos hostaleiros colaboradores no serán do sábado 25 de xuño antes do concerto de Os Carunchos e Quempallou na Praza da Constitución a partir das once da noite.

/ Enviado por redactor o Mér, 22/06/2016 - 11:21

Entre Lusco e Fusco celebra o seu 25 aniversario o sábado 25 de xuño.

Será a partir das sete e media da tarde con diversas actuacións que se sucederán polos bares colaboradores. A demais da anfitrioa porán música ao serán as agrupacións vilalbesas Batifoula, AC de Andrade e Buxos Verdes; pero tamén se achegarán á capital chairega a AC Río Miño (Portomarín), Gaia Pandereteiras (Castro), O Clube da Forrenha (Lugo), Treboada (Rábade), Os Xílgaros (Lugo), Os Feroces da Galgueira (As Pontes), Silbarda (A Capela), Xaora Trad (Lugo), A Rebolaxe (San Cibrao) e A volta do Agro (Lugo).

A partir das once da noite, Os Carunchos e Quempallou actuarán na Praza da Constitución que acollerá, ao remate dos seus concertos, unha foliada aberta.