As FeAs coordinará as actividades culturais das asociacións da comarca

Representantes dunha trintena de colectivos culturais da contorna participaban na asemblea das FeAs.

Foi durante a súa última asemblea celebrada en Muimenta cando tamén decidiron celebrar un festival a prol do proxecto "Salvemos a Casa de Díaz Castro".

/ Enviado por redactor o Ven, 28/07/2017 - 14:35

As FeAs, colectivo de máis de 30 asociacións da Terra Chá e a contorna, na última asemblea celebrada en Muimenta, decidiu coordinar as actividades socioculturais da comarca mesmo deseñando unha axenda que comprometa a todas as asociacións.

Tamén decidiron artellar un festival a prol do proxecto “Salvemos a Casa de Díaz Castro, xa que unha vez recuperada vai ser a Casa da Xente, un espazo aberto para todas as asociacións, na liña de colaborar para manter viva a nosa cultura nun rural cada volta máis despoboado.

Cadran en que "cómpre unirse para loitar polo futuro da nosa comarca que asenta as súas raíces neste xeito de convivir".