Gabriel Tembras e Beatriz Felpeto, bronce en parellas free style europeo e o mundial na praia

Beatriz Felpeto e Gabriel Tembras na terceira posición do podio.

Os deportistas viaxaban a Rodas coa selección nacional onde tamén participaban individualmente e tamén na categoría de técnica.

/ Enviado por redactor o Mér, 10/05/2017 - 23:58

Gabriel Tembras Corrales e Beatriz Felpeto Rodríguez viaxaban á illa grega de Rodas a pasada fin de semana coa selección nacional para participar no I Campionato dol Mundo de Tae Kwon-Do na praia; así coma no Campionato de Europa.

Os deportistas da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan lograban obter o bronce por parellas na modalidade free style tanto no campionato mundial coma no de Europa.

Ademais, tamén competían nas modalidades de técnica individual e parellas, así coma na modalidade de free style de xeito individual.