Gabriel Tembras e Beatriz Felpeto, ouro e prata no Open de Marina D´0r

Gabriel Tembras e Beatriz Felpeto.

Ambos conseguían a prata en parellas júnior a unha décima dos actuais campións de España.

/ Enviado por redactor o Lun, 24/04/2017 - 12:34

A chairega Beatriz Felpeto conseguía xunto a Gabriel Tembras unha prata no Open de Taekwondo Marina D´Or 2017 a unha décima dos actuais campións de España e membros da selección nacional para o Europeo de Rosas (Grecia) en parellas júnior.

De xeito individual, Gabriel Tembras Corrales facíase co ouro na categoría junior técnica; mentres que Beatriz Felpeto Rodríguez alcanzaba a décima posición.