Información no Concello de Muras sobre reordenación do tráfico e bolsas de estudantes

As xuntanzas convocadas polo alcalde desenvolveranse no Salón de Plenos o xoves 20 ás oito do serán e o luns 24 de xullo ás doce do mediodía, respectivamente.

/ Enviado por redactor o Mér, 19/07/2017 - 17:22

O alcalde de Muras convoca á veciñanza a dúas xuntanzas no Concello o xoves 20 de xullo ás oito do serán para falar da reorganización de tráfico e o luns 24 de xullo ás doce do mediodía para falar cos e cas estudantes sobre bolsas.

O primeiro caso abordará o tráfico nas rúas Santiago Apóstol e Enrique Guzmán e, no segundo, recolleranse as inquedanzas dos e das estudantes de cara á incorporación de melloras nas bolsas.

Ambas terán lugar no Salón de Plenos.