Los Berrones este venres 7 e Lys Pardo o sábado 8 nas patronais de Muimenta

Entre o venres 7 e o domingo 9 de xullo pasarán por Muimenta ata tres orquestras, dous grupos musicais, un grupo de corda e, como pratos fortes, o grupo asturiano de agro-rock Los Berrones e a cantante Lys Pardo, filla de Juan Pardo.

/ Enviado por redactor o Ven, 07/07/2017 - 18:04

Muimenta honrará un ano máis a San Cristóbal e Santa Mariña nas súas patronais. Así, entre o venres 7 e o domingo 9 de xullo pasarán por Muimenta ata tres orquestras, dous grupos musicais, un grupo de corda e, como pratos fortes, o grupo asturiano de agro-rock Los Berrones e a cantante Lys Pardo, filla de Juan Pardo.

Avelino Basanta e Guillermo Tojo integran a comisión de festas de Muimenta 2017 que pretende “mellorar no posible” estas festas que rematarán co sorteo de 1.000 euros na noite do domingo 9.

Será a música do grupo América e a orquestra Nova Banda a que dea comezo aos festexos deste ano o venres 7 no que “a gran atracción serán Los Berrones”. O sábado as actividades comezarán á unha do mediodía cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Versión Original. Xa pola noite repetirán actuación nunha verbena que contará tamén co grupo Assia e Lys Pardo. O domingo pola mañá un grupo de acordeóns ofrecerá un pasarrúas antes da misa solemne e a sesión vermú coa orquestra Nevada. Pola tarde, entre as sete e as oito, tamén haberá música polas rúas protagonizada polos acordeóns e, pola noite, a orquestra Nevada repetirá durante a verbena. Entre os e as asistentes sortearanse 1.000 euros.

Estas festas patronais son posibles grazas ás achegas dos veciños e veciñas xunto á recadación correspondente ao libro das festas e a un listín telefónico.