Margaret Garrard, Jérôme Blanc e Adrián Pena no XVII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Xermade

O Encontro desenvolverase entre o venres 22 e o domingo 24 de setembro no polideportivo municipal de Xermade.

/ Enviado por redactor o Lun, 24/07/2017 - 17:33

Margaret Garrard, Jérôme Blanc e Adrián Pena son os artesáns da madeira que na décimo sétima edición do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira amosarán aos e ás asistentes as súas técnicas en Xermade entre o venres 22 e o domingo 24 de setembro.

Coma nas pasadas edicións, o Encontro tamén contará con relatorios e obradoiros de Manuel Castro; así coma coa exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións e a exposición de pezas torneadas aportadas polos participantes e a exposición itinerante CONtornos 2016-2017 no polideportivo municipal.

As persoas interesadas en participar pódense inscribir a través dun formulario web na propia páxina dos Encontros ou do teléfono 667 532 151.